«

»

Abr
03

Asamblea AGKM Febreiro 2017.

Clube Marítimo de Redes, 18 de febreiro do 2017

 

Celébrase a Asemblea Extraordinaria da Asociación Galega de Kaiak de Mar para a presentación de candidaturas a unha nova Directiva, comezando ás 18:50.

 

Os puntos do día son:

1.- Aprobación da acta anterior

Un dos socios expresa o erro cometido na acta anterior na que se menciona a “disolución” da Directiva cando non é posible sen disolver así mesmo a AGKM; por iso se procede á modificación posterior da devandita Acta da Asemblea celebrada en decembro do 2016.

2.- Presentación novas candidaturas…

Antonio Pazos Pérez, presenta candidatura a Presidente da AGKM, e expón as súas liñas de traballo. Xose Manuel Rodas, presenta o apartado de formación é Eladio Alvarez, o apartado económico. Solicítase colaboración para que a futura directiva teña máis membros, especialmente socios da zona norte.

En primeiro lugar aclarase, que se ser elixida, a nova Directiva presentase o cargo, inicialmente polo periodo dun ano.

En segundo lugar, se indica que cómpre unha avaliación profunda da xestión que se viña realizando: inclúese expresamente unha revisión da documentación que se posúe para detectar as deficiencias que poidan existir e subsanalas na medida do posible, así como actualizar a información relativa ós socios.

En terceiro lugar, preténdese retomar as actividades de formación e potencialas. Neste punto se sinala a importancia de que sexan os socios os que soliciten os talleres ou xornadas que desexen realizar. Habería dous formadores (un na zona sur e outro no norte) e, agás o taller de bautismo en kaiak de mar que sería semi-gratuíto, os restantes terían un custo a pagar polos participantes. Tamén se baralla a idea de facer un par de saídas anuais.

En cuarto lugar, respecto ó financiamento da AGKM, fálase de que é preciso revisar o estado das contas para pensar na posibilidade de modificar as cotas, pero que este ano a priori no se subiría de 35 a 50 euros como valía anos anteriores. Debátese que en grande medida o prezo da cota está asociado ás vantaxes que ofrece o seguro que se paga.

Por último, se remarca que o obxectivo da nova Directiva sería fomentar a participación e as iniciativas por parte dos socios, colaborando entre ámbalas dúas partes para garantir a continuidade da AGKM, atraendo novos membros e facendo volver ós que a deixaron, para o cal é moi importante a divulgación das actividades e finalidades que persegue a AGKM.

3.- Votación da nova Directiva

Vótase a candidatura de Antonio como novo presidente, non obténdose nin abstencións nin votos en contra.

Remate da Asemblea ás 20:30

Asistentes: Antonio, Carlos Maya, irmán de Carlos Maya, Carlos Cuadrado, Carlos Lamas, Víctor, Ignacio, Berto, Alfredo, Silvestre, Xose, Jacobo, Agustín, Minerva, Didi, Miguel, Alfredo, Noela, Esther e Manuel.