«

»

Sep
13

Travesía Illas Sisargas.

Dende a AGKM, convocase unha nova travesía. En este caso a proposta é a “Travesia as Illas Sisargas”. As datas son o Sabado 23 e domingo 24 de Setembro do 2017. Unha actividada exclusiva para socios. O programa da actividade será o seguinte:

  • Sabado 23: 9.30 Praia de Niñons (Malpica). Entre @s asistentes, organizaranse os portes dos vehiculos ata o lugar de chegada (Praia de Razo). Estimase un tempo de desplazamento, entre ida e volta, de unha hora Aprox. 11:00 Horas saida da travesia, costeando con rumbo as Illas Sisargas (20 Km Aprox). Comida nas Illas, e pola tarde optarase por unha visita a Illa e Faro, ou se os animos e as condicions do mar o permiten, circunnavegar as Illas. @s que opten por non pernoctar nas Illas, iniciaran o retorno ata o lugar convido inicialmente o mesmo dia. @s que pernocten nas illas, deberan de levar todolo necesario para tal fin, e decir, tenda de campaña, saco de dormir, linterna, comida e bebida…etc…
  • Domingo dia 24: 10:00 horas, saida das Illas con rumbo a Praia de Razo (12Km, Aprox), para unha chegada estimada entorno as 14:00 Horas.

Esta actividade esta considerada de dificultade media/alta. A zona de navegación e de mar aberto con condicions cambiantes do seu estado. @s participantes terán que ter unha capacidade para manter un ritmo sostido de paleo de o menos catro horas, en condicions de mar cambiante, con posibilidade de vento e olas. Será de obrigado cumprimento para participar, ter un kayak de mar, con compartimentos estancos que garanticen a su flotabilidade en calquer condición, así como estar debidamente provisto de liñas de vida. Cada participante, deberá de ir equipad@ de xeito obrigatorio, de : Chaleco de flotabilidade, pá , pá de reposto, silbato, casco e bomba de achique.

NOTA IMPORTANTE: Todolas aquelas persoas que o criterio da organización, non cumpran os requisitos para garantir a sua seguridade e a d@s demais participantes, poderá ser excluida a todolos efectos da travesia.

En caso de condicions metereoloxicas ou da mar, adversas, poderase modificar o percorrido e condicions da actividade, e incluso, si se considera necesario, suspendela.

Abrese un fio para consultas e preferiblemente, confirmar asistencia a mesma, no Foro da AGKM, apartado Actividades.

Animadevos a participar. Un saudo.