«

Dic
01

Travesia Illas Sisargas

Dende a AGKM, convocase unha nova travesía. En este caso a proposta é a “Travesia as Illas Sisargas”. As datas son o Sabado 9 e domingo 10 de decembro do 2017. Unha actividada exclusiva para socios ou previa invitación. O programa da actividade será o seguinte:
Sabado 9: 9.30 Praia de Barizo . Entre @s asistentes, organizaranse os portes dos vehiculos ata o lugar de chegada (Praia de Razo). Estimase un tempo de desplazamento, entre ida e volta, de unha hora Aprox. 11:00 Horas saida da travesia, costeando con rumbo as Illas Sisargas (25 Km Aprox). Comida nas Illas. Levar todolo necesario para tal fin, comida e bebida…Hora estimada de chegada a praia de Barizo, as 17.30.

Domingo dia 10: Entre os asistentes, decidirase a actividade a realizar, entre unha curta travesia ou unha Sesión tecnica de Kaiak surf.

Esta actividade esta considerada de dificultade media/alta. A zona de navegación e de mar aberto con condicions cambiantes do seu estado. @s participantes terán que ter unha capacidade para manter un ritmo sostido de paleo de o menos catro horas, en condicions de mar cambiante, con posibilidade de vento e olas. Será de obrigado cumprimento para participar, ter un kayak de mar, con compartimentos estancos que garanticen a su flotabilidade en calquer condición, así como estar debidamente provisto de liñas de vida. Cada participante, deberá de ir equipad@ de xeito obrigatorio, de : Chaleco de flotabilidade, pá , pá de reposto, silbato, casco e bomba de achique.

NOTA IMPORTANTE: Todolas aquelas persoas que o criterio da organización, non cumpran os requisitos para garantir a sua seguridade e a d@s demais participantes, poderá ser excluida a todolos efectos da travesia.

En caso de condicions metereoloxicas ou da mar, adversas, poderase modificar o percorrido e condicions da actividade, e incluso, si se considera necesario, suspendela.

A pernocta entre o sábado e domingo, será de organización exclusiva de cada participante.

Abrese un fio para consultas e preferiblemente, confirmar asistencia a mesma, no Foro da AGKM, apartado Actividades.

Animadevos a participar. Un saudo.