Presentación

 XORNADAS TECNICAS DE KAIAK DE MAR MUXIA 2014

Días 17, 18 , 19 e 20 de Abril

Muxía

escudo

Vila mariñeira, está situada nun lugar emblemático, a costa da morte. É ademais a porta de entrada á ría de Camariñas. A navegación por estas costas implica gozar dun medio practicamente virxe afastado dos complexos turísticos e as industrias. Praias, calas e cabos invitan a disfrutar dunha natureza en estado puro.

 

MUXIA1

 

Santuario-Virxe-da-Barca-Muxia-2

 

A historia é outro punto forte da rexión. Os costumes e a arquitectura consérvanse practicamente intactos, e permiten ao visitante gozar de lugares e hospitalidade moi particulares. As rutas de sendeirismo, os deportes náuticos e as festas gastronómicas como a do congro son outras grandes atraccións que reunen gran número de persoas todos os anos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

A costa da morte e o kaiak de mar.

Como indica o nome «costa dá morte», a navegación nestas augas, fóra da ría de Camariñas require dunha boa planificación, xa que nos encontramos co Atlántico e toda a súa forza. No interior da ría, e con boas condicións climatolóxicas a navegación é pracenteira, podendo gozar dun ámbito natural practicamente virxe. Nas zonas de abrigo, pódese practicar técnica e ou descansar en praias de area branca e fina. Para aqueles que gusten de surfear en kaiak, a praia de Nemiña achega unhas condicións inmellorables para esta especialidade.

88069-nemina-playa-de-nemina