Presentación

XORNADAS TECNICAS INTERNACIONAIS 2012

LUGAR

Santa Uxia de Ribeira

DATA

4,5,6,7,8 de Abril de 2012


Ver Xornadas tecnicas Riveira 2012 localización nun mapa mais grande

SANTA UXIA DE RIBEIRA E O KAIAK DE MAR

 Ribeira está situada na ría de Arousa. Esta é a ría mais grande de Galicia. Ten gran cantidade de illas. Unhas están na cabeceira da ría como é Salvora e outras no interior como Cortegada, Arousa e a Toxa. As praias da zona contan con gran atractivo turístico gracias a calidade dun entorno natural ven conservado. Como proba cabe destacar o parque natural das illas atlanticas e o parque natural das dunas de Corrubedo.

Outros atractivos da zona de Ribeira, son a gastronomía mariñeira típica da zona, o arte rupestre, e o entorno natural, onde se poden facer gran cantidade de rutas de senderismo.Visitas guiadas pola costa navegando en barcos acondicionados o efecto. O arte relixioso e moderno, son outros dos seus atractivos

Para a práctica do kaiak de mar, Ribeira conta con múltiples praias e escenarios onde poder cultivar calquera tipo de actividad referente a este deporte. Travesías, surf, cursos na auga, etc.  Na zona interior da ría atopanse as mellores condicións para a practica do kaiak a nivel de iniciación, incluso con condicións climaticas adversas, mentres que na costa exterior podense practicar actividades para niveis abanzados, coma o surf e os rescates en condicións adversas. A ría de Arosa conta coa desembocadura do río Ulla. Nos tramos medios deste río podense facer practicas en correntes de forma segura.

En resumo, un escenario con múltiples atractivos e posibilidades que non deixarán indiferentes a ninguén.

Mais información na páxina web do concello de Riveira, accedendo dende o seu logo.