Horarios programa

HORARIOS E PROGRAMA DAS XORNADAS

arquivos en 

CUADRANTE-ACTIVIDADES

SEGURIDADE E APOIO SANITARIO NAS XORNADAS

                                                                       
Ambulancias Egara pon tres unidades nos seguintes cursos e eventos:

– Simulacro de rescate.
– Na praia da Ladeira mentres dure o curso de Surf.
– En punta Couso durante os cursos de Rescates II e Desembarcos.

Material obrigatorio común a todos os cursos e travesías

– Kaiak de mar con liñas de vida e flotabilidade.
– Chaleco.
– Pa.
– Cubrebañeras.
– Cabo de remolque ou de rescate.

Material recomendado

– Pa de reposto.
– Neopreno ou traxe seco.
– Muda seca.
– Flotador de pa e bomba de achique.
– Bebida quente e algo de picar.

Material obrigatorio para cursos de: Surf, Navegación en correntes e Desembarcos

– Casco.
– Neopreno ou traxe seco.
– Cabo de rescate.

CURSOS EN TERRA

CONFECCION DE TUILIKS

MONITORES: Fonsi e David Carro      LUGAR: Polideportivo Coroso.

A idea do obradoiro, explicar un pouco en que consiste o Tuilik e como confeccionalo a partires duns patróns adaptados , o obxectivo final é que cada un se leve os patróns do Tuilik adaptados o máis posíbel a súas medidas, e o neopreno de 3 mm biforrado cortado en pezas

REPARACION DE FIBRA

MONITOR: Fidel               LUGAR: Polideportivo de Coroso

O curso introducenos no mundo da fibra de vidro e as suas aplicacións. Deste xeito poderemos aprender arranxar as pequenas fendas dos nosos  barcos.

COMUNICACIONS VHF E GPS

MONITOR: Manuel Casqueiro      LUGAR: Polideportivo Coroso.

O curso está orientado á concienciación dos kaiakistas en relación á seguridade, e dentro de esta o manexo e uso de equipos de radiocomunicacións. Así mesmo farase unha introducción o manexo e uso do GPS.

PRIMEIROS AUXILIOS P.P.A.A

Monitor: SFGS

Curso de Primeiros Auxilios  onde veremos como actuar e solucionar os casos máis comúns de percances que podan acontecer na nosa actividade.

———————————————————————————————————-

CURSOS NO MAR

BAUTISMO, INICIACION O KAIAK DE MAR

MONITOR: Fran Torrado, Fran Valdemar.   LUGAR: praia de Coroso

Orientado a todos aqueles que nunca embarcaron nun kaiak de mar e queren iniciarse neste fermoso deporte.

ESQUIMOTAXE I

Monitor: Gerardo Sánchez

Curso dirixido a persoas que non saben esquimotar. O obxectivo deste curso é ensinar a técnica básica para conseguir facer unha esquimotaxe según o sistema Pawlata, tanto con pá tradicional como con pá europea.

ESQUIMOTAXES II

Monitores: Xose Rodas e Cristian Graña.

Este curso está dirixido a persoas que xa dominan a técnica do esquimotaxe a lo menos por un costado. O obxectivo deste curso e aprender novas técnicas de esquimotaxe, baseadas no seu orixe esquimal

RESCATES I E II

MONITORES:  Raúl Sendón, Miguel Rodal. Alfredo chavert, Carlos Lamas.

LUGARES: Praia de Coroso e illa de Sagres.

Practicaremos distintas técnicas de autorrescates, rescates o compañeiro e remolques, tanto en longo como en curto. O curso está dividido en dous  niveis para que cada kaiakista poida elexir o que mais lle interese. Na praia d ¡e Coroso as condicións serán as mais sinxelas o estar no interior da ría.

DESEMBARCOS I E II

MONITORES: I Jorge Anakin y Carlos Cuadrado. II Manolo Pastoriza, Roberto García

LUGARES: Illa dos ratos e Punta Couso.

Curso orientado a todos aqueles que queira coñecer e practicar as técnicas de desembarco que se realizan nun kaiak de mar, así como  en todas as condicións que podamos atopar.

KAYAK PARA NENOS

MONITORES: Turnauga        Lugar: Praia de Coroso

Introducción no kaiak de mar os rapaces e rapazas que queiran iniciarse neste fermoso deporte.

SURF E APOIOS

MONITORES: The Hurricane Riders         LUGAR:Praia de Ladeira

Coñece e practica todas as técnicas de kaiak surf e apoios con dous dos maiores expertos nestas especialidades.

NAVEGACION EN CORRENTES

MONITORES: Tito, Antoni         LUGAR: Río Ulla

 Neste curso, poderás aprender todo o preciso para sortear situacións complicadas que acontecen en zonas de fortes correntes de marea. Manobras, apoios ,etc.

———————————————————————————————————

CONFERENCIAS

LUGAR: HOTEL RIO AZOR

PONENTES:

The hurricane Riders, Manolo Pastoriza, Benito Lourido, (PTE confirmación ponente do parque illas atlánticas)

CONFERENCIAS

  1. Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
  2. Manual de boas prácticas.
  3. Manolo Pastoriza.
  4. The Hurricane Riders.
————————————————————————————————————————————-
TRAVESIAS
LUGAR: Rias de Arousa e Pontevedra
Visitaranse diversas illas e a dificultade das travesias será diferente en función do nivel dos kaiakistas. Deste xeito todo o mundo poderá disfrutar dun día de navegación, e visitar lugares e paisaxes os que non todo o mundo pode acceder.
   RUTA1
RUTA2
RUTA3
RUTA4
————————————————————————————————————————————-
EVENTOS E XOGOS
SIMULACRO DE RESCATE
PONENTES: Salvamento marítimo   LUGAR: Praia de Coroso.
Faráse un simulacro de rescate onde o kaikista e o kaiak serán a novidade principal deste tipo de simulacros.
XOGOS ESQUIMAIS
Realizaranse diferentes probas onde a capacidade física e técnica dos participantes terán unha importancia crucial.
Finalizados estes xogos porase remate as xornadas técnicas.