Dic
01

Travesia Illas Sisargas

Dende a AGKM, convocase unha nova travesía. En este caso a proposta é a “Travesia as Illas Sisargas”. As datas son o Sabado 9 e domingo 10 de decembro do 2017. Unha actividada exclusiva para socios ou previa invitación. O programa da actividade será o seguinte:
Sabado 9: 9.30 Praia de Barizo . Entre @s asistentes, organizaranse os portes dos vehiculos ata o lugar de chegada (Praia de Razo). Estimase un tempo de desplazamento, entre ida e volta, de unha hora Aprox. 11:00 Horas saida da travesia, costeando con rumbo as Illas Sisargas (25 Km Aprox). Comida nas Illas. Levar todolo necesario para tal fin, comida e bebida…Hora estimada de chegada a praia de Barizo, as 17.30.

Domingo dia 10: Entre os asistentes, decidirase a actividade a realizar, entre unha curta travesia ou unha Sesión tecnica de Kaiak surf.

Esta actividade esta considerada de dificultade media/alta. A zona de navegación e de mar aberto con condicions cambiantes do seu estado. @s participantes terán que ter unha capacidade para manter un ritmo sostido de paleo de o menos catro horas, en condicions de mar cambiante, con posibilidade de vento e olas. Será de obrigado cumprimento para participar, ter un kayak de mar, con compartimentos estancos que garanticen a su flotabilidade en calquer condición, así como estar debidamente provisto de liñas de vida. Cada participante, deberá de ir equipad@ de xeito obrigatorio, de : Chaleco de flotabilidade, pá , pá de reposto, silbato, casco e bomba de achique.

NOTA IMPORTANTE: Todolas aquelas persoas que o criterio da organización, non cumpran os requisitos para garantir a sua seguridade e a d@s demais participantes, poderá ser excluida a todolos efectos da travesia.

En caso de condicions metereoloxicas ou da mar, adversas, poderase modificar o percorrido e condicions da actividade, e incluso, si se considera necesario, suspendela.

A pernocta entre o sábado e domingo, será de organización exclusiva de cada participante.

Abrese un fio para consultas e preferiblemente, confirmar asistencia a mesma, no Foro da AGKM, apartado Actividades.

Animadevos a participar. Un saudo.

Sep
13

Travesía Illas Sisargas.

Dende a AGKM, convocase unha nova travesía. En este caso a proposta é a “Travesia as Illas Sisargas”. As datas son o Sabado 23 e domingo 24 de Setembro do 2017. Unha actividada exclusiva para socios. O programa da actividade será o seguinte:

  • Sabado 23: 9.30 Praia de Niñons (Malpica). Entre @s asistentes, organizaranse os portes dos vehiculos ata o lugar de chegada (Praia de Razo). Estimase un tempo de desplazamento, entre ida e volta, de unha hora Aprox. 11:00 Horas saida da travesia, costeando con rumbo as Illas Sisargas (20 Km Aprox). Comida nas Illas, e pola tarde optarase por unha visita a Illa e Faro, ou se os animos e as condicions do mar o permiten, circunnavegar as Illas. @s que opten por non pernoctar nas Illas, iniciaran o retorno ata o lugar convido inicialmente o mesmo dia. @s que pernocten nas illas, deberan de levar todolo necesario para tal fin, e decir, tenda de campaña, saco de dormir, linterna, comida e bebida…etc…
  • Domingo dia 24: 10:00 horas, saida das Illas con rumbo a Praia de Razo (12Km, Aprox), para unha chegada estimada entorno as 14:00 Horas.

Esta actividade esta considerada de dificultade media/alta. A zona de navegación e de mar aberto con condicions cambiantes do seu estado. @s participantes terán que ter unha capacidade para manter un ritmo sostido de paleo de o menos catro horas, en condicions de mar cambiante, con posibilidade de vento e olas. Será de obrigado cumprimento para participar, ter un kayak de mar, con compartimentos estancos que garanticen a su flotabilidade en calquer condición, así como estar debidamente provisto de liñas de vida. Cada participante, deberá de ir equipad@ de xeito obrigatorio, de : Chaleco de flotabilidade, pá , pá de reposto, silbato, casco e bomba de achique.

NOTA IMPORTANTE: Todolas aquelas persoas que o criterio da organización, non cumpran os requisitos para garantir a sua seguridade e a d@s demais participantes, poderá ser excluida a todolos efectos da travesia.

En caso de condicions metereoloxicas ou da mar, adversas, poderase modificar o percorrido e condicions da actividade, e incluso, si se considera necesario, suspendela.

Abrese un fio para consultas e preferiblemente, confirmar asistencia a mesma, no Foro da AGKM, apartado Actividades.

Animadevos a participar. Un saudo.

Ago
09

Travesía Illas Lobeiras

AGKM

Travesía as Illas Lobeiras, 26 e 27 de agosto do 2017. (EXCLUSIVA SOCIOS).

26 Agosto: PRAIA DO ROSTRO-PRAIA  FISTERRA- ILLAS LOBEIRAS ,         23 KM (6-7h)(Aprox) As 10:00h na plaia para organizar os porteos 19:00-20:00 chegada a Lobeiras

27 Agosto: ILLAS LOBEIRAS-ÉZARO- SARDIÑEIRO , 24km (5h)(Aprox)  09.30h saida dende Lobeira Grande. 14:30h chegada a Praia de Sardiñeiro.

DIFICULTADE MEDIA-ALTA

Plantéxase unha travesía en autonomía e autosuficiencia. Polo que os participantes deben ter unha condición física que lles permita manter a navegación contínua durante 4 horas en mar aberto, e con mar de fondo, que será o predominante na zona. Cada participante deberá levar en bolsas estancas todo o material necesario nos seus kayaks para comer e pernoctar (auga, comida, saco, esterilla, tenda, cociña, etc). E por suposto, o material de seguridade (pa de reposto, chaleco, cabo de remolque, flotador de pá, achicador, etc).  Dende a organización non se permitirá a participación de aquelas persoas que non cumplan as condicións mínimas en canto a coñecementos técnicos ou a equipación necesaria.

Solicítase ós socios apuntarse a través do fío que se abrirá no foro para o efecto en actividades da asociación ( agkm.foroactivo.com)

Saudos!

 

Jul
10

Xuntanza AGKM Ria de Arousa.

Memoria Xuntanza Xullo 2017.

formulario_espanol

instruciones_navegacion_espanol

Jul
10

Asamblea extraordinaria 29 Xullo 2017

Convocatoria asamblea xullo 2017.

May
31

Travesía Bueu-Illa de Tambo-Bueu.(24-06-17).

 

Dende a AGKM, en colaboración co Club de kayak de mar Bueu, convocase a Travesia Bueu-Illa de Tambo-Bueu, o Sábado,24 de Xuño do 2017. A saida será dende a Praia de Banda do Rio (Bueu), as 10.00 da mañan, con hora aproximada de chegada, as 18.30, polo que cada quen deberá de levar o seu xantar e bebida. A distancia apróximada a percorrer, será de uns 30 Km. O ritmo a levar, será adaptado a niveles medios. Será de obrigado cumprimento, disponer para a sua participación, de uns coñecementos mínimos na navegación en kaiak, así como unas aptitudes físicas, para poder manter una navegación continuada durante toda a travesía, nas condicións que a mar presente o dia da actividade. Así mesmo, cada participante, deberá disponer do material adecuado (Kaiak, Chaleco frotador, pá,etc) para desenvolverse na actividade, coas maiores garantías de seguridade posibles. Dende a organización, non se perimtirá a participación, a aquelas persoas, que non cumplan as condicions minimas, en canto a coñecementos ou equipación necesaria.
Poderan participar na actividade, todolos socios a corriente de pago da cuota anual da AGKM (Sin inscripción nin pago), así como os non sociós, previa inscripción e pago de un seguro por un dia, de 5 euros, a formalizar o menos, antes do dia 8 de Xuño (Enviar correo a: agkmkayak@gmail.com).
Atraves do fio do Foro da AGKM (agkm.foroactivo.com), solicitase tanto a socios, como non socios, apuntarse para ter una estimación do numero de participantes.
Un saudo

Abr
24

AGKM FORMACIÓN.

http://agkm.org/archivos/Formacion-kaiak-de-mar-rock-garden..pdf

http://agkm.org/archivos/Formación-kaiak-de-mar-Rescates-1..pdf

http://agkm.org/archivos/Formación-kaiak-de-mar-nivel-2..pdf

http://agkm.org/archivos/Formación-kaiak-de-mar-Esquimotaxe-1..pdf

Abr
03

Asamblea AGKM Febreiro 2017.

Clube Marítimo de Redes, 18 de febreiro do 2017

 

Celébrase a Asemblea Extraordinaria da Asociación Galega de Kaiak de Mar para a presentación de candidaturas a unha nova Directiva, comezando ás 18:50.

 

Os puntos do día son:

1.- Aprobación da acta anterior

Un dos socios expresa o erro cometido na acta anterior na que se menciona a “disolución” da Directiva cando non é posible sen disolver así mesmo a AGKM; por iso se procede á modificación posterior da devandita Acta da Asemblea celebrada en decembro do 2016.

2.- Presentación novas candidaturas…

Antonio Pazos Pérez, presenta candidatura a Presidente da AGKM, e expón as súas liñas de traballo. Xose Manuel Rodas, presenta o apartado de formación é Eladio Alvarez, o apartado económico. Solicítase colaboración para que a futura directiva teña máis membros, especialmente socios da zona norte.

En primeiro lugar aclarase, que se ser elixida, a nova Directiva presentase o cargo, inicialmente polo periodo dun ano.

En segundo lugar, se indica que cómpre unha avaliación profunda da xestión que se viña realizando: inclúese expresamente unha revisión da documentación que se posúe para detectar as deficiencias que poidan existir e subsanalas na medida do posible, así como actualizar a información relativa ós socios.

En terceiro lugar, preténdese retomar as actividades de formación e potencialas. Neste punto se sinala a importancia de que sexan os socios os que soliciten os talleres ou xornadas que desexen realizar. Habería dous formadores (un na zona sur e outro no norte) e, agás o taller de bautismo en kaiak de mar que sería semi-gratuíto, os restantes terían un custo a pagar polos participantes. Tamén se baralla a idea de facer un par de saídas anuais.

En cuarto lugar, respecto ó financiamento da AGKM, fálase de que é preciso revisar o estado das contas para pensar na posibilidade de modificar as cotas, pero que este ano a priori no se subiría de 35 a 50 euros como valía anos anteriores. Debátese que en grande medida o prezo da cota está asociado ás vantaxes que ofrece o seguro que se paga.

Por último, se remarca que o obxectivo da nova Directiva sería fomentar a participación e as iniciativas por parte dos socios, colaborando entre ámbalas dúas partes para garantir a continuidade da AGKM, atraendo novos membros e facendo volver ós que a deixaron, para o cal é moi importante a divulgación das actividades e finalidades que persegue a AGKM.

3.- Votación da nova Directiva

Vótase a candidatura de Antonio como novo presidente, non obténdose nin abstencións nin votos en contra.

Remate da Asemblea ás 20:30

Asistentes: Antonio, Carlos Maya, irmán de Carlos Maya, Carlos Cuadrado, Carlos Lamas, Víctor, Ignacio, Berto, Alfredo, Silvestre, Xose, Jacobo, Agustín, Minerva, Didi, Miguel, Alfredo, Noela, Esther e Manuel.

Mar
15

Xornadas de formación AGKM 2017

  Presentación xornadas formación.

Imagen

Canal YouTube da AGKM.

Xa temos canal de YouTube. Inscríbete !!!

https://youtu.be/CBK62gL3KS4

Entradas más antiguas «