AGKM
Travesía as Illas Lobeiras, 26 e 27 de agosto do 2017. (EXCLUSIVA SOCIOS).
26 Agosto: PRAIA DO ROSTRO-PRAIA FISTERRA- ILLAS LOBEIRAS , 23 KM (6-7h)(Aprox) As 10:00h na plaia para organizar os porteos 19:00-20:00 chegada a Lobeiras
27 Agosto: ILLAS LOBEIRAS-ÉZARO- SARDIÑEIRO , 24km (5h)(Aprox) 09.30h saida dende Lobeira Grande. 14:30h chegada a Praia de Sardiñeiro.
DIFICULTADE MEDIA-ALTA
Plantéxase unha travesía en autonomía e autosuficiencia. Polo que os participantes deben ter unha condición física que lles permita manter a navegación contínua durante 4 horas en mar aberto, e con mar de fondo, que será o predominante na zona. Cada participante deberá levar en bolsas estancas todo o material necesario nos seus kayaks para comer e pernoctar (auga, comida, saco, esterilla, tenda, cociña, etc). E por suposto, o material de seguridade (pa de reposto, chaleco, cabo de remolque, flotador de pá, achicador, etc). Dende a organización non se permitirá a participación de aquelas persoas que non cumplan as condicións mínimas en canto a coñecementos técnicos ou a equipación necesaria.
Solicítase ós socios apuntarse a través do fío que se abrirá no foro para o efecto en actividades da asociación ( agkm.foroactivo.com)
Saudos!