A Asociación Galega de Kaiak de Mar (AGKM) é unha asociación de ámbito galego e sen fin de lucro que nace en setembro de 2007 coa finalidade de recoller o espírito e o labor realizado polo desaparecido Comité Galego de Kaiak de Mar.
Os nosos obxectivos son os de promover a práctica do kaiak de mar recreativo, desenvolver a responsabilidade e a autonomía na súa práctica, a formación na navegación e nas técnicas de seguridade, e o estudio e a investigación das técnicas de construción dos kaiak de mar, así como promover a protección e defensa do contorno e do medio ambiente.
E como medio para todo iso, a Asociación, a través da páxina que agora visitas, aspira a servir de lugar de encontro de todos os que palean no mar. Deste xeito nacemos con vocación de dar cabida a todos eles, como un punto de encontro onde intercambiar experiencias e adquirir coñecementos que consoliden a práctica do kaiak de mar coa máxima autonomía e responsabilidade.
Benvido á nosa web.
Contacta connosco
Email: administracion@agkm.org